O Centro Comercial Arousa desenvolverá un curso práctico de cociña vexetariana
O Centro Comercial Arousa desenvolverá o vindeiro xoves 10, a partir das 20:00 h. e na segunda planta, Cociña Vexetariana, un novo curso de cociña no que se ensinará a cociñar pratos lixeiros e saudables, preparados con ingredientes de orixe vexetal, e dirixido a persoas que desexen iniciarse na dieta vexetariana ou que están interesadas en innovar e perfeccionar as súas receitas.
A chef e experta en alimentación e nutrición Marian Rodríguez será a encargada de guiar aos asistentes no desenvolvemento de cada un dos pratos, nos que se empregarán alimentos ricos en fibra e baixos en graxas saturadas como as espinacas, o brécol ou as algas.
Os participantes aprenderán a gozar dunha comida habitual en dietas vexetarianas sen renunciar ao sabor, e prepararán, paso a paso e coa axuda da experta en alimentación, unhas empanadillas de algas e verduras; un delicioso quiche vegetariano de brécol e cogomelos; hamburguesas vexetais de espinacas e noces; e, para terminar con algo máis doce, un puding ao forno de pan integral, froitos secos e leite de soia.
As receitas do taller, de carácter gratuíto e de acceso libre até completar aforamento, poderanse consultar na páxina web do centro www.ccarousa.com e en Facebook http://www.facebook.com/ccarousa ao concluír cada sesión.











