O CEI-Nodus recibe a visita dos alumnos do IES Lucus Augusti

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita dos estudantes ao CEI-Nodus

Visita dos estudantes ao CEI-Nodus

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, recibiu esta mañá a un grupo de estudantes do IES Lucus Augusti que visitaron as instalacións do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.

Esther Muñoz mantivo un breve encontro cos mozos, alumnos de 3º e 4º da ESO que hoxe tiveron a oportunidade de coñecer o funcionamento do CEI-Nodus e do Espazo>Lab.

A visita deste grupo, formado por 34 mozos que cursan a materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras no IES Lucus Augusti, completouse cunha charla sobre “Motivación para emprender” e coa asistencia a un obradoiro de cooperativismo.

24 de abril de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.