O CCVV anima aos empresarios a apostar polo barrio histórico e sumarse á súa recuperación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVigo
A-
A+
Bravo Bosh no foro de Urbanismo e Infraestruturas

Bravo Bosh no foro de Urbanismo e Infraestruturas

A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, interveu hoxe no Foro de Urbanismo e Infraestruturas (FUI) do Círculo de Empresarios de Galicia-CFV. Acompañada polo xerente do CCVV, Alfonso Ramos, o Consorcio animou aos empresarios asistentes a apostar polo barrio histórico e sumarse así á súa recuperación.

Ante máis de trinta persoas, Bravo Bosch sinalou que o organismo “está aberto” á posibles fórmulas de colaboración entre o sector dos empresarios e o organismo para seguir dinamizando tanto a parte alta coma a baixa do Casco Vello. Os empresarios presentes no foro mostrarónse moi receptivos a posibles liñas de colaboración co CCVV.

Así mesmo, a presidenta do organismo –participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello- lembrou a necesidade de que tanto as Administracións como as distintas institucións seguan apostando polo barrio como xa o fixeron a Asociación de Pontevedra de Empresarios e Construtores (APEC), os Rexistradores da Propiedade ou a Administración de Xustiza co traslado do Servizo de Notificacións e Embargos.

10 de abril de 2014 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.