O Castro Internacional British School concede dúas becas para alumnos mosenses con bos expedientes académicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concellería de Educación, dirixida pola edil Kely Monzón, informou hoxe de que segue aberto ata o 30 de abril o prazo para solicitar as becas, un total de 2,  que o colexio O Castro International British School concede ós alumnos/as do municipio con un excelente rendemento académico. Amais, os alumnos mosenses que cumpren os requisitos para a obtención da beca xa foron informados polo Concello a través dos seus respectivos colexios.

As devanditas becas van dirixidas a todos os alumnos/as que durante o presente curso finalicen os estudos de 6º de Primaria nun colexio público do Concello de Mos que desexen incorporarse ó curso “Year 8”, que corresponde a 1º da E.S.O. na ensinanza española.

As condicións necesarias para a solicitude dunha beca será cumprir coas seguintes condicións: A media de tódalas materias deberá ser de 8,5 ou maior, valorándose as cualificacións dos cursos de 5º e 6º de Primaria.

Ademais disto, as familias solicitantes deberán cumprir os requisitos establecidos pola Administración para o acceso a becas por necesidades educativas especiais.

O Castro International British School chamará ós candidatos que solicitaron esta beca e que cumpran os requisitos estipulados nas bases da mesma para facerlles unha proba de inglés e matemáticas, ademais dunha entrevista persoal.

Os alumnos que resulten beneficiarios destas becas gozarán da gratuidade da escolaridade do próximo ano (Year 8) ata a conclusión do bacharelato británico (Year 13) e a realización dos exames A- Levels (equivalente á proba de Selectividade). Tamén contarán co 50% de desconto no prezo do comedor (servizo optativo), e durante o primeiro ano os alumnos realizarán un programa especial de inmersión lingüística en inglés.

As familias interesadas poderán solicitar máis información chamando ou presencialmente no centro O Castro International British School.

22 de abril de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.