O Carballiño reorganiza as paradas de Taxis
O concello do Carballiño, a través da súa área de Tráfico, procederá a próxima semana a reorganizar as paradas de taxis no centro urbano, motivado principalmente polas obras de mellora que se van a realizar na praza da Alameda. Por este motivo a actual parada situada nesa praza repartirase por outras rúas da vila. En concreto crearase unha parada na rúa Conde Vallellano, entre o cruce con Perfectino Vieitez e o cruce coa rúa Aldara. Nesta parada poderán estacionar entre 9 e 10 taxis.
Outra nova parada que se creará será na rúa Calvo Sotelo, á altura do supermercado, que virían substituír ás actuais paradas da praza dos Liborianos. Esta nova parada terá 6 prazas.
Doutra banda quedarán como até a data as paradas da Praza Maior e da estación de autobuses.











