O Carballiño promociona o seu atractivo turístico en Lisboa e Barcelona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorO Carballiño
A-
A+

O Carballiño promociónase turísticamente nas feiras de Lisboa e Barcelona. En MUNDO ABREU, en Lisboa durante os días 5 e 6 de abril. XII edición. A Axencia Turismo de Galicia participa cunha caseta nesta feira organizada por Mundo Abreu, un dos Operadores de turismo máis importantes de Portugal, co obxecto de mostrar os destinos e produtos turísticos incluídos nos seus programas (Galicia entre eles). Na pasada edición fuè visitada para por máis de 130.000 persoas.

E tamén en  o SALÓN INTERNACIONAL DE TURISMO DE CATALUÑA (SITC). Do 4 ao 6 de abril no recinto de Fira de Barcelona. XXIII edición. A Axencia Turismo de Galicia estará presente cunha caseta difusor da oferta turistica galega neste certame Que está aberto a profesionais e público xeral. Adoita contar cunha importante afluencia de visitantes q acoden a feira en procura de información de primeira man para planificar as súas vacacións, pontes e fins de semana. O mercado catalán conta cunha longa tradición viaxeira e é un dos máis importantes para Galicia.

Nestes dous puntos crave da promoción turística están a repartirse información sobre O Carballiño, que está a espertar gran interese entre os asistentes, tanto profesionais como público en xeral.

5 de abril de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.