O Carballiño impartirá cursos do uso de desfibriladores aos monitores da escola municipal deportiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño, a través das concellarías de Sanidade e Deportes, impartirá durante o próximo mes de maio, uns cursos para o manexo dos desfibriladores, para que desta forma as persoas que habitualmente están cos alumnos da citada escola deportiva municipal, poidan realizar unha primeira atención ante unha parada cardiorrespiratoria.

Na actualidade o concello do Carballiño dispón dun desfibrilador no campo da Uceira, onde adestran a maioría dos equipos da escola municipal, e ten previsto adquirir outro para o pavillón de deportes.

Durante o curso os monitores aprenderán a practicar as manobras de reanimación cardiopulmonar, concienciándolles da importancia dunha desfibrilación precoz, así como coñecer as estratexias, fundamentos e técnicas da mesma.

Outro dos aspectos básico deste curso será o coñecemento da manipulación correcta e eficaz destes aparellos, e o seu mantemento, así como a recollida dos datos que estas máquinas ofrecen.

Os edís de sanidade e de Deportes sinalan a importancia que ten o coñecer o manexo destes desfibriladores xa que, en moitos casos, poden salvar vidas. De  nada serve ter este aparello si ninguén sabe usalo ante unha situación de emerxencia, comentaba o edil de Sanidade Martín Nogueira, destacando que unha vez que se coñece o seu funcionamento é relativamente sinxelo usalo e evitar unha desgraza.

29 de abril de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.