O Carballiño asina un convenio pioneiro cos dous institutos da vila
O alcalde do Carballiño, xunto coa edil de Educación e os directores dos dous institutos da vila, asinaron un convenio único en toda a comunidade autónoma, para estreitar a colaboración entre os dous centros educativos e o concello carballiñés. Nese convenio acórdase a colaboración por parte do tres institucións, en materias como a cesión de locais, infraestruturas e obras de melloras.
En concreto o concello ofrécese a pór a man de obras en cantas execucións de pequenas obras, como rozas e limpeza ou arranxos varios, e pola súa banda os dous institutos ofrecen as súas instalacións e aulas para as actividades que necesite o concello.
Estas colaboracións viñan facendo de forma normal entre o concello e os institutos pero, como apuntaba o alcalde e os directores “con este convenio damos oficialidade a unha serie de accións que estabamos a realizar desde hai tempo e, o que é máis importante, dámoslle unha continuidade no tempo por encima das persoas que hoxe estamos á fronte tanto do concello como dos institutos”.
O convenio foi aprobado polos distintos claustros dos dous centros lectivos, e ofrece tamén a posibilidade de que estes institutos amplíen a súa apertura fóra do que é o estrito horario escolar, tal e como se aconsella desde hai tempo.











