O Carballiño acolle esta fin de semana o seu II Campionato de Scalextric
Esta fin de semana terá lugar o segundo campionato de scalextric concello do Carballiño organizado pola área de deportes municipal coa colaboración da asociación ourensana Evo Slot.
O sábado a partir das 17 horas todos aqueles afeccionados do mundo do scalextric poderá acudir ao auditorio municipal e adestrar libremente nos dous circuitos habilitados ata as 21h, aqueles que non dispoñan de coche de scalextric poden acudir igualmente xa que a organización prestaralles un. Xa o domingo a partir das 15,30h faranse as inscricións nas categorias de infantil e adultos cun custe de 3€ por participante para dar comezo ao campionato ao redor das 16h, igualmente a organización terá coches a disposición dos que o precisen.
O concello do Carballiño agasallará cun coche ao campión de cada categoría ademáis de trofeo para os tres primeiros clasificados. O pasado ano foron preto de 50 os participantes e dende o concello agardamos e desexamos que sexan moitos máis os participantes desta edición.
Deste xeito a área de deportes municipal tenta potenciar unha actividade de lecer que tivo moito auxe anos atrás e que nestes intres está un pouco olvidada.











