O Campionato Galego de Seleccións Provinciais de Balonmán dispútase en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLalín
A-
A+

O próximo día 1 de maio celebrarase en Lalín a úndécima edición do Campionato Galego de Seleccións Provinciais infantil masculino e feminino e alevín mixto.

Preto de douscentos xogadores/as, xóvenes promesas do balonmán galego, terán a oportunidade de xogar nunhas magníficas instalación (Lalín Arena) e gozar cunha xornada de deporte e convivencia con deportistas de toda Galicia. As seleccións das catro provincias enfrontaranse nas categorías alevín mixta (nados nos anos 2002/03), infantil masculina e infantil feminina (nados nos anos 2000/01), baixo o formato de todos contra todos a unha soa volta.

Ademais, Lalín é unha localidade que vive o balonmán con moita paixón e hai só uns meses acolleu a celebración dun evento internacional (Clasificatorio para o Europeo Xuvenil Masculino) que recibiu moitos eloxios pola súa magnífica organización e a resposta do público. Ano 2013. O pasado ano, este campionato celebrouse en Santiago de Compostela e Pontevedra logrou o triunfo en todas as categorías (infantil masculino e feminino e alevín mixto).

29 de abril de 2014 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.