O Camiño de Santiago e o Castelo de Pambre convértense en reclamo turístico durante a Semana Santa en Palas de Rei
Máis de 100 ERASMUS visitaron a localidade de Palas de Rei con motivo do seu percorrido polo Camiño Francés. Foron visitantes de máis de 13 paises os que pernoctaron en Palas de Rei na noite de martes 15 de abril ao mércores 16 de abril, algúns dele fixeron nas instalación do Pavellon Polideportivo Municipal.
En plena Semana Santa estanse rexistrando a diario centos de visitantes que aprobeitan a súa estadia en Palas de Rei, para visitar o Castelo de Pambre. Dita Fortaleza atópase nestes intres pechada nos seus interiores as visitas ó público, dende o pasado mes de novembro, por mor das obras de rehabilitación que se están levando a cabo neste inmoble declarado Ben de Interese Cultural. Nembargantes, o visitante pode comprobar o grado de execución das obras e as distintas prepectivas visuais que o Castelo ofrece dende 3 miradores intalados a tal efecto nas súas inmediacións. A maioría dos visitantes, amósanse gratamente solprendidos pola nova construcción da Ponte que concecta as inmediacións do Castelo co antigüo Muiño.











