O C.D. San Ciprián estrea o seu loitado ascenso a Primeira Autonómica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoDeportes
A-
A+

O Concello de Cervo transmitiu os seus parabéns ao C.D. San Ciprián polo seu recen acadado ascenso a Primeira Autonómica. A administración local manifestou ademais o seu desexo de que “teñan moito éxito para acadar os obxectivos e proxectos que se propoñan na vindeira tempada”. Da mesma maneira, fixo extensible as súas felicitacións a todo o corpo técnico, xogadores e demais persoas “que axudaron a que fose posible tan merecido ascenso”.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, transmitiu tamén a súa intención de seguir mantendo unha estreita colaboración co club así como continuar fomentando o deporte de base. Villares destacou que “o grande esforzo e traballo en equipo que veñen demostrando ten a súa recompensa”.

O rexedor augurou, ademais, moitos éxitos por diante e animou ao equipo e a todo o club a “seguir traballando coa mesma ilusión que poñen en cada partido e en cada temporada” e a continuar “dándonos alegrías coas seus logros”.

 

7 de abril de 2014 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.