O Burela recibe á selección de Vietnam nun amigable solidario
O Burela FS Pescados Rubén recibirá en Semana Santa a Selección de Vietnam, dirixida polo técnico galego Bruno García, nun amigable solidario, o martes 15 de abril, ás 20.30 horas, en Vista Alegre. A entidade laranxa habilitará unha Fila 0 para a ocasión; parte da recadación destinarase á Asociación Camiña e á Fundación Eu Son de Burela. O prezo da entrada para adult@s será de 5 euros e os menores de 18 anos terán acceso gratuíto; tamén se habilitarán huchas solidarias no pavillón.
Xunto ao presidente burelista, Manuel Blanco, o compromiso amigable foi presentado esta mañá, na sede do club mariñán, pola directora da Fundación Eu Son, Noelia Eijo; o presidente da Asociación Camiña, Silvino Oroza; e a concelleira de Servizos Sociais de Burela, Diana Durán, representando o padroado de Eu Son











