O Burela B Pescados Rubén vence ao Carballiño FS nun partido marcado polo dominio dos laranxas
O Burela B Pescados Rubén vence ao Carballiño FS por 5-4 nun partido que dominou con claridade durante o primeiro periodo e que na segunda parte baixou a súa intensidade aínda que nunca viu perigar o resultado. Con esta vitoria os pupilos de Lucas suman 50 puntos e mantéñense no alto de clasificación de Terceira División, empatado coa Estrada e Leis Pontevedra.
O campión sairá da próxima e última xornada, loita na que tamén están implicados o Santiago Futsal B e Pazos de Borbén, rival do conxunto burelés. O choque entre Pazos de Borbén e Burela B Pescados Rubén dispútase o sábado día 26, no feudo dos pontevedreses ás 18.00 horas, horario unificado.
Ficha técnica
BurelaB Pescados Rubén:Brais, Keko, Manu, Antón Glez, Alemán -cinco inicial- Helder, Pancho, Xoel,Aitor, Javi.
OCarballiño:Fabián, Raúl, David, Óscar, Gil -cinco inicial- Aitor, Javier, Jorge,Alejandro.
Goles:0-1, m.2,Raúl; 1-1,m.12, Helder; 2-1, m.16, Helder; 3-1, m.17, Xoel;4-1, m.19,Antón Glez; 4-2,m.23, Óscar; 4-3, m.28, David; 5-3, m.34, Antón Glez;5-4, m.40,Javier.
Árbitros:Naray Álvarez, Menéndez Nistal. Viveiro.











