O Burela asina o Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+
Sinatura do Plan de Patrocinio do Burela

Sinatura do Plan de Patrocinio do Burela

O vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez Castro, acompañado polos capitáns do equipo masculino e feminino, Juanma e Lidia, e os canteiráns Carlitos e Paula asistiron durante a mañá de hoxe, luns 14 de abril, ao acto protocolario da firma do Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición 2013/2014 da Fundación Deporte Galego.

Os clubs lucenses, do mesmo xeito que en edicións precedentes, procederon a selar o acordo no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo que contou coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, que eloxiou ao CD Burela Pescados Rubén por ter na elite tanto ao seu equipo feminino coma masculino.

14 de abril de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.