O Azkar Lugo prepara o partido de Gran Canaria deste venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Tras gozar de xornada de descanso no día de onte, tralo amistoso do domingo ante Xapón, esta tarde o Azkar Lugo FS regresou ás sesións de traballo e fíxoo coa primeira sesión técnico-táctica da semana pensando xa no seu próximo enfrontamento, o da 28ª xornada de liga en 1ª división, que este próximo venres (21:00 horas – horario insular – Centro Insular de Deportes) enfrontaralle ao Colegios Arenas Gran Canaria.

Os galegos comezaron a preparar o choque sen Aranburu nin Cospe, que seguen sendo baixa por lesión, mentres que deberán estar atentos ao estado de Chano xa que o andaluz é dúbida debido a un golpe sufrido o pasado domingo nun xeonllo.

Horarios de adestramentos:

Luns 7:
Descanso.

Martes 8:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Mércores 9:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Xoves 10:
16:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).
19:00 horas: saída cara a Gran Canaria (Centro Deportivo Terra).

Venres 11:
11:00 horas: sesión técnico-táctica (Centro Insular de Deportes).
21:00 horas – horario insular: 28ª xornada de liga en 1ª división: Colegios Arenas Gran Canaria – Azkar Lugo (Centro Insular de Deportes).

Sábado 12:
16:25 horas: regreso a Lugo (Aeroporto de Gran Canaria).

Domingo 13:
Descanso.

8 de abril de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.