O Azkar Lugo despide a tempada cunha inxusta derrota ante o Jaén

Encontro do Azkar Lugo co Jaén. Foto: Pronelugoad.com
Ningún premio levouse hoxe o Azkar Lugo FS na despedida da tempada como local. Os lucenses caeron pola mínima, 0-1, ante un Jaén Paraíso Interior que desde que se puxo por diante no electrónico dedicouse a defender o resultado, algo valido tamén e que lle acabou saíndo ben ante unha escadra galega coa pólvora mollada en ataque no día de hoxe e que se atopou cun Prieto que o parou todo ao longo do choque.
O partido parecía arrincar con maior dominio dos lucenses que se achegaban á meta de Prieto cun bo disparo, pero ao minuto dous unha boa xogada trenzada polos visitantes acababa no gol de Lolo Jarque tras salvar a Yago Balsa (0-1), o porteiro canterano que hoxe debutaba en primeira división durante os cinco primeiros minutos de partido momento no que o substituíu Mendiola. O partido igualábase, pero a maior posesión de balón era para os azuis q buscaban a elaboración mentres que o Jaén Paraíso Interior buscaba a contra. O Azkar chegaba moito máis á meta contraria e superado o ecuador do primeiro acto facíao con perigosas chegadas e disparos exteriores que salvaba con acerto Prieto, o claro protagonista do choque. A seis minutos para o descanso unha clara ocasión dos lucenses, con ata tres disparos, tampouco significaba o merecido empate para os pronistas. Intentárono constantemente os lucenses, os amarelos prácticamente non chegaban á meta de Mendiola, pero os primeiros vinte minutos acabarían co 0-1 para o Jaén.
O segundo periodo arrincaría como o primeiro acto, cun maior dominio lucense e con Prieto como protagonista detendo todos os perigosos disparos dos galegos. Ao Jaén custáballe crear perigo e é que a defensa a toda cancha por momentos dos de Diego Ríos creáballes moitas dúbidas. O partido seguía igual, posesión e dominio dos galegos e o Jaén que levaba perigo nalgunha contra illada, aínda que con disparos sempre fóra. As ocasións de Antonio Diz ou Cuco quedábanse sen premio e case á media hora de partido Ureña estrelaba un balón no pau. O gol na meta jiennense seguía roldando e a oito minutos para o final unha xogada de estratexia de falta case significa o empate, pero de novo a defensa amarela e Prieto abortaban o perigo. Ante as constantes chegadas dos galegos, que dominaban claramente, Dani Rodríguez pedía tempo morto para os seus, pero tralo mesmo os lucenses seguían e seguía intentándoo e Iago Rodríguez tiña nas súas botas o empate cunha clara chegada dentro do área. Non chegaba o gol e a tres minutos e medio para o final Diego Ríos xogáballa con porteiro-xogador con Cuco. Crearon perigo os lucenses pero a súa mellor ocasión chegou a minuto e medio do final cun disparo que non acababa de atallar Prieto e que Antonio Diz en boca de gol mandábaa arriba. O Azkar Lugo intentouno pero non conseguiu darlle un merecido premio á súa afección e o Jaén levábase os tres puntos (0-1) no final da tempada dos lucenses na casa.
Ficha técnica:
Azkar Lugo FS 0: Yago Balsa, Diego Núñez, Cuco, Jandri e Iago Rodríguez, -cinco inicial-, Antonio Diz, Álex Diz, Aranburu, Mendiola, Rubén Mouriz e Miguel.
Jaén Paraíso Interior 1: Prieto, Jorge Bellvert, Jose López, Lolo Jarque e Sergio García, -cinco inicial-, Juan Puertas, Miguelín, Ureña, Yoni, Buendía e Montes.
Árbitros: Sanzol Goñi e Urdanoz Apezteguia (comité navarro). Amonestaron con tarxeta amarela a Iago Rodríguez (Azkar) e a Miguelín, Yoni e José López (Jaén).
Incidencias: 29ª xornada de liga en 1ª división. Palacio Municipal dos Deportes de Lugo. Uns 500 espectadores.
Goles: 0-1 min. 2 Lolo Jarque.











