O Azkar Lugo baixa o telón da liga na cancha do Inter Movistar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Acábase a tempada. Co obxectivo da permanencia asegurado desde fai xa varias xornadas, o Azkar Lugo FS pecha mañá sábado (13:00 horas – Pavillón Caja Madrid – en directo por Energy TV) a liga da campaña 2013/2014. Farao nunha cancha difícil, na do líder e tamén campión de liga regular desde fai varias datas como é o Inter Movistar, un equipo o madrileño que quere recuperar este ano ese afán gañador doutras tempadas e levantar máis títulos.

Pero os lucenses non queren ir de paseo a terras madrileñas nin por suposto verse inferior ao seu rival. Son coñecedores da entidade do rival, da súa calidade, pero os galegos queren competir ata o último día e así loitar por acabar a tempada coas mellores sensacións posibles. En fronte terá a un conxunto verde que só empatou un partido e perdeu dous ao longo de toda a campaña e que chega a este choque con máis gañas aínda se cabe de agradar ante a súa inchada tras perder a pasada xornada na cancha de ElPozo Murcia por un resultado abultado (9-3).

Para este encontro os lucenses contan coa baixa de Cospe por lesión mentres que Diego Ríos deberá estar atento ao estado de dous xogadores como Aranburu e Chano. Pola súa banda o Inter Movistar chega ao choque coas baixas de Rafael e Luís Amado.

Convocatoria:

Azkar Lugo FS: Óscar Iglesias, Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Aranburu, Chano, Mendiola, Iago Rodríguez, José López, Adrián e Álex Diz.

Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Alcalá:

Vitorias Inter Movistar: 10
Vitorias Azkar Lugo: 1
Empates: 1

Tempada 12/13: 4-3.
Tempada 11/12: 4-1.
Tempada 10/11: 3-2.
Tempada 09/10: 8-2.
Tempada 08/09: 5-1.
Tempada 07/08: 3-2.
Tempada 06/07: 2-0.
Tempada 05/06: 8-1.
Tempada 04/05: 4-1.
Tempada 03/04: 1-1.
Tempada 02/03: 11-0.
Tempada 00/01: 1-3.

25 de abril de 2014 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.