O auditorio Gustavo Freire de Lugo acolle o concerto de rock didáctico Mega Kids
Un espectáculo de Maga especialmente dirixido ao público infantil (de 0 a 100! anos). Meiga Kids é un concerto ao uso de Maga que conta para a ocasión coa presenza dunha narradora/animadora que interactúa co grupo e cos nenos para explicarlles como se compón unha canción, en que consiste o ritmo e a melodía ou como a música nos transmite diferentes estados de ánimo, todo isto tomando como exemplo as cancións do grupo. Este espectáculo terá lugar o sábado 5 de abril, ás 18.30 h. As entradas están á venda en www.entradas.lugo.es a un importe único de 2 euros.
Con esta iniciativa o grupo pretende realizar un labor de difusión cultural entre os máis pequenos achegándolles un tipo de música (pop-rock) á que normalmente non teñen acceso, ben por non recibir apoio dos medios maioritarios ben porque se realiza en lugares e horarios impropios para a súa idade (menores de 18).











