O Auditorio de Cedeira ofrece a obra teatral “Chapuzas a domicilio” de Expresión Produccións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+

A programación cultural deseñada polo Concello para o mes de abril arrancará este sábado, día 5, coa representación da peza teatral “Chapuzas a domicilio”, da compañía Expresión Produccións. Un espectáculo de humor e maxia a cargo de dous artistas do gotelé que, entre brocha e rodillo, adícanse a facer algo máis que pintar. O público saberá ao final da obra se son quen de rematar a tempo o traballo e poderá disfrutar, deixando libre a imaxinación, das chapuzas que farán os protagonistas. O pase comezará ás 20 horas no Auditorio Municipal con entradas ao prezo único de 2,5 euros.

A compañía Expresión Produccións nace no ano 2004 como froito dun duro e riguroso traballo de base durante moitos anos atrás do grupo “Expresión” Teatro, creando talleres de teatro afeccionado en colexios, institutos, asociacións… O comezo orixinouse coa obra “Entre Nós”, coa que acadaron un grande éxito. Posteriormente, representaron outras pezas como “O ladrón”, “OFIMAX” e “Imaxinarium Plus”.

2 de abril de 2014 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.