O alcalde de Vigo mostra o seu apoio “contínuo” a Conxemar
O alcalde de Vigo mantivo este luns unha entrevista co presidente, José Luis Freire, e co novo director xeral de Conxemar, Gonzalo López de Aragón, para iniciar as conversas para potenciar a feira do conxelado. Caballero adiantou que “estaremos no apoio contínuo a Conxemar” e recordou que, na pasada edición, o respaldo de Vigo ao evento foi superior ao recabado da Xunta e do Estado xuntos.











