O alcalde de Santiago “tamén” estará ao lado dos 7 concelleiros imputados por prevaricación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Santiago, Ángel Currás, confiou en que “prospere” o recurso presentado polos sete concelleiros imputados por prevaricación, tras aprobar en Xunta de Goberno o pagamento da defensa do responsable de Deportes, Adrián Varela, e asegurou que “tamén” estará ao seu lado “acompañándoos” en caso de que se abra xuízo oral.

“Pero eu non creo que sexa o caso”, resolveu, ao ser preguntado polos medios de comunicación sobre se xa tomou unha decisión acerca do futuro destes sete edís en caso de que non prospere o recurso presentado.

“É unha decisión que terán que valorar as maxistrados da Audiencia e que no seu momento se coñecerá, nada máis. Eu teño confianza en que ese recurso prospere”, sinalou.

“Se iso non prospera”, engadiu, abrirase xuízo oral e recoñeceu que a pesar diso estará “tamén con eses sete concelleiros, dende logo, acompañándoos”.

30 de abril de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.