publicidade hoxe

O Alcalde de Miño asina por 33.000 euros convenios con entidades sociais e deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
O alcalde de Miño tras asinar os convenios

O alcalde de Miño tras asinar os convenios

O alcalde de Miño, Jesús Veiga, asinou onte martes, 15 de abril de 2014, uns convenios con 9 asociacións miñenses para a cesión por parte do Concello dos locais municipais para a realización das súas actividades. Estas entidades son: Club Deportivo Naútico de Miño, Asociación de Veciños “A Irmandade” de Bemantes, Asociación de Veciños “Anduriña”de Callobre, Asociación Cultural “A Inmaculada” de San Paio de Bañobre, Asociación de Veciños de San Xulián de Carantoña, Asociación de Mulleres “Divino Salvador” de Leiro, Asociación de Veciños de Santa María de Castro, Centro Cultural “A Pena” de San Xoán de Vilanova e Asociación Cultural Mulleres de Bemantes.

Na firma participaron, ademais do alcalde, o concelleiro de Cultura, Deportes e Educación, Antonio Bernardo López, e por parte das entidades, todos os seus presidentes.

Esta cesión de locais realízase para que as asociacións continúen co desenvolvemento das súas actividades nunha contorna óptimo. O convenio contempla conceder prorrógaa dos convenios de locais e outorgar subvencións a cada unha das entidadesque realizan actividades nestes locais, así como a concesión duns anticipos do 80% da subvención, condicionando o abono do importe restante á xustificación do 100% da mesma. Todos os convenios suman un total de 32.710 euros.

16 de abril de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.