O alcalde de Cangas vista a Xefatura Provincial de Costas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta  mañá o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo reuniuse coa xefa provincial de Costas, Cristina Paz Curbera, para tratar diversos temas de índole municipal.

Entre as cuestións abordadas destaca a autorización que Costas concedeu ao concello de Cangas para a realización do servizo de transporte marítimo dende Vigo ata os areais de Rodeira, Santa Marta e Nerga. A xefatura provincial outorgou un permiso dun ano de duración, mentres se tramita a concesión. Sotelo afirma que “ temos a intención de poñer este servizo en funcionamento o próximo mes de xuño”.

Costas tamén proporcionará ao concello o material necesario para acometer os traballos de acondicionamento da senda que transcorre pola zona de Areamilla, principalmente no seu transcurso polas inmediacións da Praia do Medio, onde a consecuencia dos temporais se produciron algúns danos nos últimos meses.

Outros dos temas tratados foron a solicitude por parte do goberno local para a ampliación do carril bici e a petición dunha solución que evite os desprazamentos de area que se producen durante o inverno a causa dos fortes ventos dende a praia de Rodeira ata a estrada.

Cangas tamén conseguiu unha autorización para a realización dunha proba para o campionato de España de Bicke-Trial nas categorías TR2, TR3 e TR4 xuvenil e infantil que terán lugar entre o peirao de Aldán e Areacova e entre o peirao de Aldán e Menduíña sen afectar aos areais.

22 de abril de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.