O 7 de abril finaliza o prazo de inscrición para participar no 1º Trofeo Cruyff Courts 6 vs 6

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O pasado mes de decembro, o Concello da Coruña inaugurou, coa presenza de Johan Cruyff, a Cruyff Court de Novo Mesoiro, unha pista de fútbol de herba artificial que os días 14 e 15 de abril acollerá a celebración do 1º Trofeo Cruyff Courts na modalidade de 6 contra 6 xogadores; un campionato que organizan conxuntamente o Concello da Coruña, a Fundación Johan Cruyff e a Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.).

O torneo dispútase en dúas categorías, fútbol masculino e fútbol feminino, para mozos e mozas nacid\<sent\>s entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2003 (entre 11 e 12 anos). O modo de inscrición é moi sinxelo, pois só é necesario un mínimo de seis xogadores (máximo de 8 xogadores) e un responsable que sexa maior de idade e que faga a función de Delegado para poder participar. A participación é gratuíta e está aberta a todo o mundo.

O prazo de inscrición comeza finaliza ás 13:00 horas do día 7 de abril de 2014. As prazas están limitadas a 32 equipos por categoría, polo que de haber máis inscritos que prazas se realizará un sorteo entre todos os participantes. O sistema de competición é eliminatorias directas a tempo corrido dunha soa parte de 14 minutos.

O boletín de inscrición está dispoñible para a súa descarga en www.afacoruna.com e unha vez cuberto debe ser enviado por correo electrónico a info@afacoruna.com

O 1º Trofeo Cruyff Courts 6 vs 6 é un campionato que conecta a todos os Cruyff Courts do mundo e que permite aos gañadores desta primeira edición loitar polo campionato nacional, que se celebra o 18 de maio na localidade de Igualada (Cataluña), e poida que mesmo a nivel internacional no campionato do Mundo, que se disputará no mes de setembro!

Ademais do aspecto puramente deportivo, o torneo aséntase nuns principios básicos que todos os participantes deben asumir como propios, son as 14 regras establecidas por Johan Cruyff, que se aplican en todos os Cruyff Courts do mundo e que podedes consultar nos boletíns de inscrición. O respecto, unha das 14 regras de Johan Cruyff, é fundamental para o campionato.

 

2 de abril de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.