O 15 de abril finaliza o prazo de inscrición para os grupos de idade españois de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O martes 15 de abril finalizará o prazo de inscrición para as e os deportistas que queiran participar na modalidade de Grupos de Idade do Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra 2014, que se celebrará os próximos días 31 de maio e 1 de xuño.

Tras a celebración do Campionato de España de Dúatlon a pasada semana en Avilés, quedaron outorgadas as prazas directas para a disputa de grupos de idade na modalidade sprint, ao lograr a súa clasificación os 15 primeiros de cada grupo e sexo. Desta forma, todos aqueles que queiran participar no Mundial de Pontevedra (clasificados ou non) deberán realizar a súa inscrición antes do próximo día 15 de abril a través da páxina web do Mundial (www.pontevedraduatlon2014.com) no seu apartado de inscricións ou directamente na páxina web da Federación Española de Tríatlon. Os que teñen a súa praza garantida, teñen que confirmar a súa presenza e os que non, deben formalizar canto antes a súa petición. A partir de entón, do 16 de abril ao 30, o proceso de inscrición seguirá aberto e aplicarase o ranking de dúatlon actualizado tras Avilés e despois a orde cronolóxica de inscrición.

Posteriormente, darase a coñecer a listaxe das e os participantes no Mundial, así como daqueles que quedan fóra por falta de prazas. Neste caso, ofreceráselles a posibilidade de rexistrarse na proba Open que se celebrará en Pontevedra aproveitando os circuítos existentes do Mundial (e devolverase o resto do diñeiro, ou ben a totalidade si non quixesen competir en devandita competición).

Lembrámosvos que na web www.pontevedraduatlon2014.com, atópase toda a información actualizada, así como vídeos dos percorridos, e toda a información de importancia para participantes e acompañantes (horarios, hoteis, viaxes, información turística…)
Pontevedra e a súa aposta polo tríatlon. Pontevedra é sen dúbida una das cidades máis ligadas ao tríatlon e dúatlon, tanto a nivel nacional como internacional. Son xa sete os anos consecutivos nos que a capital do Lérez acolle competicións do máis alto nivel, destacando de forma moi importante o Campionato de Europa de Tríatlon de 2011 e agora o Mundial de Dúatlon. Ademais, hai que destacar o apoio da cidadanía, xa que miles de pontevedreses de todas as idades salguen á rúa para animar aos corredores no seu esforzo.

A carreira a pé discorrerá un ano máis polo seu incomparable centro histórico, que volverá quedar plasmado nas imaxes da proba, e que nos permitirá gozar coa beleza destas rúas, os seus edificios de pedra, os seus soportais e as fermosas prazas dunha cidade que se goza paseando.

11 de abril de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.