O 14 de abril remata o prazo para solicitar a colaboración do Concello de Santiago nas festas patronais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Unha inicitiva que o concelleiro delegado de Relacións Veciñais e Festas, Francisco Javier Noya Iglesias, retoma por terceiro ano consecutivo colaborando nas festas patronais das asociacións de veciños. As asociacións poderán elixir entre varias opcións: xogos populares, grupo de música tradicional, actuación dunha coral, parque de xogos, parque de inchables por idades, unha charanga ou festa da espuma durante unha hora.

A solicitude deberá presentarse cuberta por rexistro de entrada e será ademais notificado persoalmente ás entidades veciñais polos animadores socioculturais, ao igual que nos dous anos anteriores.

Imos coa Asociación

O mesmo día, luns 14, tamén finaliza o prazo para que as Asociacións veciñais do rural escollan a súas excursións dentro do programa “Imos coa Asociación”.

Outra iniciativa que a concellería de Relacións Veciñais pon a disposición das asociacións de veciños do ámbito rural de Santiago permitindo o encontro e a convivencia entre a veciñanza das parroquias.

As entidades veciñais interesadas deberán entregar a folla de inscrición debidamente cuberta no rexistro situado no CSXM O Ensanche, en horario de 09:00 a 14:00

10 de abril de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.