Novo número da revista cultural e de entretemento MPK magazine
A revista cultural e de entretemento MPK magazine xa está dispoñible para a súa lectura gratuíta nos seus “Puntos de Lectura” e na versión on-line. Editada e imprimida por MPK Asociación e de tirada estacional, a revista distribúese a través dos seus “Puntos de Lectura” que se poden consultar na súa páxina web: www.mpkmagazine.com, e que inclúen diversos espazos culturais de ocio e hostalaría de Vigo e Redondela.
MPK magazine nace segundo os seus creadores, da necesidade editar e divulgar unha revista cultural entretida e amena. A súa finalidade non é outra que a achegar ao lector as tendencias culturais do momento en diversas disciplinas como poden ser a fotografía, o cine, a gastronomía, o deseño etc…, tanto de dentro, coma de fóra de Galicia.











