Novo horario da biblioteca municipal do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Tras finalizar o proceso de contratación do novo persoal da Biblioteca Municipal, esta abriu novamente as súas portas o pasado luns, co seguinte horario de atención ao público. De luns a venres desde as 10:00 ás 13:30 horas, e desde as 17:00 ás 20:30 horas. O horario da biblioteca infantil será, tamén de luns a venres, de 17:30 a 19:00 horas.

Os fins de semana o horario será de 10:00 a 13:00, o sábado. Durante estes días a área de Cultura e a nova responsable da biblioteca están a organizar actividades para desenvolver durante os próximos meses, para dinamizar a biblioteca, e animar aos veciños e veciñas a inscribirse na mesma.

8 de abril de 2014 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.