Nove familias participan no “Programa Desconexión” de Boiro
O Centro de Información á Muller do Concello de Boiro (A Coruña) vai desenvolver o vindeiro día 26 de abril do que andamos o programa Desconexión, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade.
Un programa que ten como finalidade promover a educación en igualdade de pais/nais cos/as fillos/as, onde estará presente a perspectiva de xénero de cara a transmitir actitudes e comportamentos igualitarios nos tratos dos pais/nais cos seus fillos e fillas.
Na xornada participan varios membros de 9 familias cun total de 29 usuarios.
O programa desenvolverase ao longo de todo o día, en horario de 10.00 a 18.00 h no Centro Social de Boiro.
A través das distintas accións que se van levar a cabo ( pequenas charlas, xogos lúdicos, entre outras), tratarase de que os/as participantes pasen unha xornada do máis agradable posible, ao mesmo tempo que se fomenta a coeducación interxeracional.