Novas tendencias en tratamentos de estética no C.C. Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Centro Comercial Arousa acollerá o vindeiro martes 29, ás 20:00 h. e na primeira planta, a presentación dun novo tratamento de estética facial baseado na maderoterapia, unha nova técnica de masaxe na que se empregan aceites esenciais e diversos instrumentos de madeira, que contribúe a reafirmar e tonificar a pel, así como a mellorar a circulación sanguínea e linfática, ademais da reducir a tensión.

O acto correrá a cargo dunha técnica experta pertencente ao centro de estética e beleza Depi-do, especializado en tratamentos de presoterapia, ultracavitación e foto-depilación, entre outros, que levará a cabo unha demostración práctica de maderoterapia facial, un dos máis demandados. Tamén dará a coñecer aos asistentes os distintos tratamentos que esta técnica milenaria de orixe oriental permite, e as súas distintas aplicacións- maderoterapia corporal, facial, de busto ou aniticelulítica-.

Con motivo da presentación, Depi-do relagará unha sesión gratuíta de maderoterapia facial ás vinte primeiras persoas que se rexistren no formulario de inscrición aberto na sección de noticias de www.ccarousa.com para asistir ao evento. O obxectivo é que poidan comprobar por si mesmas as súas vantaxes para moldear a figura e reafirmar e tonificar a pel.

Sobre a maderoterapia

Está considerada como unha técnica holística que axuda a reducir a graxa localizada e a combater a celulitis, utilizada tamén para aliviar dores musculares e articulares, entre outros.

Na maioría dos tratamentos, a sesión consta de tres etapas. Na primeira desenvólvese unha masaxe linfático que prepara a pel e move a graxa, que é seguido por outro reductor con aceites esenciais, e outro, o último, no que se empregan accesorios de madeira, deseñados para adaptarse ás distintas partes do corpo e para poder ser utilizados directamente sobre a pel.

As sesións adoitan durar un vinte minutos –por cada zona- e os seus resultados son visibles en moi pouco tempo.

25 de abril de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.