Nova visita enmarcada no programa Eduemprende Atrévete do CPI Virxe da Saleta de Cea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Visita dos estudantes

Visita dos estudantes

O programa EDUEMPRENDE ATRÉVETE, que promove a Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao das Viñas en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tivo hoxe continuidade coa visita de alumnos do CPI Virxe da Saleta de Cea. Nesta ocasión participaron unha decena de estudantes dos Programas de Cualificación Profesional, PCPI.

A primeira parte da visita desenvolveuse na aula de Emprendimiento da Asociación, onde os alumnos puideron experimentar os diferentes aspectos da actividade empresarial, como as canles de provedores e clientes, a fabricación, os puntos de venda, os recursos humanos, o financiamento, o asociacionismo empresarial e incluso as relacións entre empresa e Administracións Públicas.

A continuación, os participantes nesta nova xornada foron recibidos polo xerente da empresa Rodríguez López Auto S.L., situada na rúa 6 do Polígono de San Cibrao.

Rodríguez López Auto, S.L. remóntase a principios da década dos 80 cando o equipo técnico que a compón dedicábase á fabricación de carrozarías para vehículos en xeral. A partir da década dos 90 especialízase na fabricación de vehículos de transporte sanitario converténdose en menos de 15 anos en líder en vendas do mercado nacional.

A partir do ano 2000 diversifica o seu catálogo de produtos, introducíndose no mercado dos vehículos de policía e de transporte adaptado.

Entre os seus clientes atópanse a práctica totalidade das grandes empresas privadas de ambulancias de España, así como servizos públicos de emerxencia. Dentro do sector de defensa e seguridade desenvolvéronse vehículos antidisturbios e de transporte especial para a Policía Nacional, así como ambulancias para as Forzas Armadas. Coa posta en marcha de proxectos innovadores como o programa EDUEMPRENDE ATRÉVETE, a Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao pretende estimular o espírito emprendedor entre os mozos ourensáns.

25 de abril de 2014 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.