Nova exposición de arte sacro na Guarda durante a Semana Santa bracarense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este xoves 10 de marzo, inaugúrase no Centro Cultural da Guarda, a exposición  “María Só María” da artista Adriana Henriques, composta por acuarelas e pasteis.

Esta exposición insírese dentro das diferentes actividades que dende a Junta de Freguesía  de Sao Víctor de Braga, realizan para promocionar a Semana Santa Bracarense, unha das máis importantes e tradicionais en Portugal, que se caracteriza por un completo programa de “solemnidades”. Procesións tan destacadas como a do ECCE HOMO, no Venres Santo ou a da NOSA SENHORA DA BURRINHA, o Mércores Santo, que representa a fuxida da Sagrada Familia a Exipto. 

As diferentes rúas desta vila portuguesa engalánanse con luces e flores, con motivos alusivos a estas datas, e os tradicionais “Passos”, altares de rúa, que complementan a suntuosidade das igrexas.

No acto deste xoves, ademais de presentar a exposición pictórica, teremos a oportunidade de coñecer, da man do Presidente da Junta de Freguesía de Sao Víctor,  máis curiosidades sobre esta importante celebración bracarense. No acto estarán presentes o alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, e o Concelleiro de Cultura D.Antonio Lomba Baz.

8 de abril de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.