Neda reedita a Quedada Fotográfica centrada no Camiño Inglés
A concelleira de Promoción Turística de Neda, Montse Rico, anunciou esta mañá que o Concello reeditará o próximo día 10 de maio a Quedada Fotográfica Real Vila de Neda. E, tras centrarse no 2013 na Ruta dos Muíños, nesta ocasión o Concello propón unha mirada tras a cámara ao Camiño Inglés ao seu paso por Neda.
De feito, o punto de partida dos fotógrafos – profesionais e afeccionados– será o Albergue Municipal de Peregrinos, o único na comarca. Dende alí partirán ás 10 horas para retratar os extraordinarios recursos naturais e tamén arquitectónicos que garda a ruta.
Na organización do evento, o Concello conta coa colaboración do fotógrafo local Tomás Morado. Así, as persoas interesadas en participar deben inscribirse cha-mando ao número de teléfono 634 94 06 97 de luns a venres de 9 a 14 e de 17 a 22 horas; mandar unha mensaxe ao facebook de Neda Turismo ou ben enviar un correo ao enderezo montse.rico@neda.es. O prazo remata o próximo día 30 de abril. Ao remate da Quedada, os fotógrafos poderán aportar dúas das imaxes da xornada e, de entre todas elas, o Concello elixirá os mellores traballos para confi-gurar unha exposición na Casa das Palmeiras.
Por último, Montse Rico apuntou que o único requisito para participar é ter 18 ou máis anos ou estar acompañado dun maior se o participante é menor desa idade. E, neste sentido, animou a veciños e visitantes a incribirse.











