Neda e Narón lanzan o I Concurso de fotografía ‘Quedamos en Xuviño’ a través de facebook

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNarónNeda
A-
A+

A concelleira de Promoción Turística de Neda, Montse Rico, anunciou esta mañá a posta en marcha do I Concurso de fotografía Quedamos en Xuviño 2014, o Encontro de Viños que promoven os municipios de Narón e Neda. Encontro que este ano se celebrará entre o 20 e o 23 de xuño no Paseo Marítimo que une ambas localidades. Así, e como novidade, nesta edición a organización propón esta iniciativa moi vinculada ás redes sociais, xa que as persoas interesadas en participar deben solicitar a través da páxina facebook de Quedamos en Xuviño o cartel promocional da cita e remitir a súa fotografía con este ao mesmo espazo. Entre todas as imaxes recibidas, que se irán colgando neste espazo virtual, realizaráse un sorteo e, a gañadora, recibirá premios vinculados ao encontro.

Así mesmo, a concelleira lembra que permanece aberto o prazo para que as bodegas interesadas en ofrecer e promocionar os seus caldos en XUVIÑO 2014 poidan facelo. Para iso, terán que realizar a correspondente inscripción ben no Concello de Neda ou a través do correo electrónico alcaldia@neda.es ou montse.rico@neda.es. Esta dá dereito a un expositor cunha estructura cuberta con carpa estilo jaima. Dotada de botelleiro, barra, mesas, cadeiras e corrente eléctrica e iluminación. Coa seguridade blindada mediante vixiantes que velarán polos postos día e noite. Equipo de sonido no recinto para animar a asistencia e carpas específicas para os productos gastronómicos. A todo isto, a organización ofrece ás bodegas participantes degustacións de embutidos, pementos do Couto, empanadas ou churrasco para servilos a modo de pinchos entre a súa clientela.

11 de abril de 2014 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.