Neda acollerá a segunda xornada da Liga galega de Boccia, organizada pola ASCM
A real vila de Neda acollerá o próximo domingo 27 de abril a segunda xornada da Liga galega de Boccia, organizada pola Asociación Sociocultural de Minusválidos ASCM en colaboración co club ADM e o Concello. Un deporte paralímpico similar á petanca cuxos orixes se remontan á época grega aínda que, tras un longo periodo no olvido, foi recuperado nos anos 70 nos países nórdicos. A cita co boccia dará comezo sobre as 10 horas, no pavillón polideportivo municipal de Neda, con entrada libre e gratuíta. Os diferentes encontros celebraránse ata as dúas en horario de mañá para retomar a competición xa pola tarde, a partires das 16 horas.
A Liga galega celébrase todos os anos e consta de tres xornadas. A primeira desenvolveuse na cidade de Vigo o pasado 5 de abril e, a terceira e última, terá lugar en Ferrol o vindeiro 11 de maio. Esta competición é puntuable para o Campionato Nacional de Clubs que terá lugar no mes de xuño en Alicante.
Segundo sinalan dende a Asociación Sociocultural de Minusválidos ASCM, a elección de Neda non foi casual, xa que tiveron moi en conta as boas condicións de accesibilidade das instalacións deportivas e, tamén, o apego do Concello por este deporte. Apego que se remonta moitos anos atrás no tempo.











