Nadadores de Allariz, Chaves, Xinzo de Limia e Verín participaron no Torneo de Natación do Lázaro
A Piscina Climatizada de Verín acolleu, o sábado 05 de abril, o Torneo de Natación, organizado polo Servizo de Deportes con motivo da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’.
Neste torneo participaron un total de 120 nadadores da Piscina Climatizada de Allariz, Club de Natación de Chaves, Piscina Climatizada de Xinzo de Limia e Club de Natación de Verín. A convocatoria foi dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor, que competirán na categoría de benxamín, alevín e infantil, e nas seguintes probas: 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín e infantil, 25 metros braza benxamín e alevín, 50 metros braza infantil, 25 metros crol benxamín e alevín, 50 metros crol infantil, e 8 x 25 relevos.
– Femenino benxamín crol: Constança Seabra do C.N. Chaves (1º), Mariana Teixeira do C.N. Chaves (2º), Duna Cid Sotorrio de Piscina Climatizada de Allariz (3º).
– Feminino alevín crol: Esther Garrido do C.N. Chaves (1º), Carla Domínguez Costa do C.N. Verín (2º), Diana Pires C.N. Chaves (3º).
– Masculino benxamín crol: Tiago Mairos do C.N. Chaves (1º), Luis Portugal do C.N. Chaves (2º ), Ivan González da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (3º).
– Masculino alevín crol: Alfonso Ruggiero do C.N. Verín (1º), David González da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (2º), Miguel Gomez da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (3º).
– Masculino infantil crol: Efrén Lama da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (1º), Christian Alves do C.N. Chaves (2º).
– Feminino benxamín costas: Antía Rodríguez da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (1º), Paula Porto da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (2º), Constança Seabra do C.N. Chaves (3º).
– Feminino alevín costas: Marta Caneiro do C.N. Verín (1º), Diana Pires do C.N. Chaves (2º), Carla Domínguez Costa do C.N. Verín (3º).
– Masculino benxamín costas: Luis Portugal do C.N. Chaves (1º), Tiago Mairos do C.N. Chaves (2º), Ruben Fernández do C.N. Verín (3º).
– Masculino alevín costas: Alfonso Ruggiero do C.N. Verín (1º), Abel Lorenzo do C.N. Verín (2º), David González da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (3º).
– Masculino infantil costas: Efrén Lama da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (1º), Christian Alves do C.N. Chaves (2º).
– Feminino benxamín braza: Constança Seabra do C.N. Chaves (1º), Antía Rodríguez da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (2º), Claudia Martinez do C.N. Verín (3º).
– Feminino alevín braza: Diana Pires do C.N. Chaves (1º), Marta Caneiro do C.N. Verín (2º), Esther Garrido do C.N. Chaves (3º)
– Masculino benxamín braza: Luis Portugal do C.N. Chaves (1º), Tiago Mairos do C.N. Chaves (2º), Ivan González da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (3º).
– Masculino alevín braza: Alfonso Ruggiero do C.N. Verín (1º), David González da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (2º), Abel Lorenzo do C.N. Verín (3º).
– Masculino infantil braza: Efrén Lama da Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (1º), Christian Alves do C.N. Chaves (2º).
Con posterioridade, os/as participantes recibiron medallas, almorzo e trofeos na proba de relevos mixta (8 x 25 metros), na que se obtivo o seguinte resultado: Club de Natación de Verín (1º), Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (2º), Club de Natación de Chaves (3º) e Piscina Climatizada de Allariz (4º).
Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Rótulos Losada, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.











