Motivado pero sen ansiedade chega o persoal de Os Ingleses á súa cita máis importante dous últimos 5 anos
Despois dunha semana onde os adestramentos foron de moita calidade o equipo de Vilagarcía chega expectante ao partido do domingo. Expectante polo descoñecemento do nivel do rival que a priori é superior aos arosanos.
David Losada: “ A semana foi moi ben, non temos ausencias importantes e todos estan con moitas ganas de xogar. O traballo xa esta feito, o obxectivo conseguido e agora o equipo vaino a dar todo por xogar o seu mellor partido e así poder viaxar a Valladolid con opcións de pasar a eliminatoria.”
Norm Maxwell foi o protagonista do adestramento do mércores, o ex All Black e agora manager xeneral da Federación Galega achegouse ao adestramento de Fontecarmoa onde mantivo unha charla cos xogadores.
O gañador dun Mundial Maxwell explícolles “ Tiven a sorte de xogar moitas finais en vida, e estes partidos son diferentes, os nervios, a ansiedade, a presión… fan que non sexan un partido máis. Segundo a miña experiencia este partido gáñaos o equipo que fai mellor as cousas pequenas.” Maxwell inspirou ao equipo e é posible que antes do partido diríxase outra vez a eles antes de saltar ao campo.
O xoves o paquete de dianteiros de Os Ingleses desprazouse a Vigo onde compartiron adestramento de mele con outros xogadores galegos. Greg Feek tamén ex All Black e actual adestrador de Meles do Leinster e a selección de Irlanda desprazouse desde este país para impartir unha Master class que sen dúbida foi moi proveitosa para preparar o partido do Domingo.
Na mañá de hoxe ás 12:00 Os Ingleses realizou a última sesión de adestramento onde Losada deu a lista de 24 convocados para o partido, xa o domingo fará o último descarte.
Primeiras Liñas: Gamba, Chiwi, Lema, Sito, Tiago e Morris
Segundas Liñas: Hache, Diego e Brais
Terceiras Liñas: Gambita, Uru, Dorro, Joaquín e Prado
Medios: Cachopo, Jairo e Chester
Centros: Biris e Harry
Ás-Traseiros: Bosníaco, Comendador, Edgar, Breixo e Pintos
Si non hai ningunha novidade Losada sairá coa súa 15 de gala: Gamba, Lema, Sito, Hache, Diego, Uru, Joaquín, Gambita, Jairo, Cachopo, Pintos, Biris, Harry, Comendador e Bosníaco.











