Mos renova o convenio para a prevención e loita contra os incendios forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O Concello de Mos renova o convenio coa consellería de Medio Rural en materia de prevención e loita contra os incendios forestais gracias ó cal a administración local contratará condutores de camión motobomba que se encargarán da conducción de deste tipo de vehículos, e a unha brigada especializada composta por capataces e peóns; ademais de financiar os gastos en material coma combustible para os camións, mangueiras, etc.

Coa chegada da primavera e con ela do bo tempo, o Concello de Mos prepárase para combater, pero sobre todo previr, o acuciante problema dos incendios forestais. Para elo, os traballadores contratados como condutores de camión motobomba e operarios especializados cubrirán, durante un período de tres meses e medio (de principios de xullo a mediados de outubro) os 7 días da semana, -incluídos os festivos-, durantes 24 horas diarias repartidas en dous turnos diferentes, o servizo de prevención e loita contra incendios forestais.

A brigada de operarios previrá os incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en zonas de risco de titularidade municipal ou en estado de abandono con titularidade desconocida. Ditos tratamentos consistirán en traballos silvícolas de xeito que o lume, en caso de producirse, avance con máis lentitude, menor intensidade e se facilite a actuación ós medios de defensa. Estes operarios especializados en prevención e defensa contra incendios forestais actuarán en dúas vertentes, a preventiva e a defensiva. Como é lóxico, as actuacións defensivas incluirán labores de vixiancia, extinción e control de incendios forestais.

A brigada de condutores motobomba adicarase exclusivamente á conducción do parque de vehículos motobomba municipais.

Sobre este convenio e novas contratacións de persoal as representantes municipais Nidia Arévalo e Julia Loureiro, alcaldesa e concelleira de Medio Ambiente mosenses, respectivamente, declararon hoxe sentirse “satisfeitas e orgullosas porque esta axuda supón a creación de novos postos de traballo que contribúen a mitigar o problema do desemprego ó tempo que protexen a Mos do perigo dos incendios durante a época estival, facendo unha incuestionable labor medioambiental que demostra, unha vez máis, que o de Mos é un Concello concienciado co respecto e a protección da natureza”.

Novo camión motobomba

Así mesmo a administación local mosense atópase tramitando tamén outra subvención a maiores, mediante á que se lle solicita novamente á consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia a cesión en propiedade dun vehículo con cisterna de 2.400 litros e cabina dobre co obxectivo de renovar o parque móbil municipal de vehículos motobomba.

Un novo camión motobomba suporía un importante apoio á extinción de incendios forestais complementando de forma óptima os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais levados a cabo polas brigadas anteriormente mencionadas.

En xeral, coa combinación de brigadas e ampliación de vehículos municipais motobombas, ofreceríase unha resposta áxil e eficaz aos cidadáns mosenses ante calquera incidencia. E é que os incendios forestais son unha ameaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só ó patrimonio forestal público e privado (montes de particulares, montes de varas e montes veciñais en man común), senón tamén ós recursos naturais e ó mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural.

Cómpre, pois, un enfoque global na actuación preventiva ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implanten abrangan unha maior eficacia do uso dos recursos. O Concello de Mos ten participado coa consellería de Medio Rural en materia forestal durante un longo período de tempo na prevención e defensa contra incendios forestais, colaboración que continúa ó longo do presente ano 2014.

11 de abril de 2014 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.