Mos acomete no Parque Empresarial da Veigadaña un proxecto de sinalización vertical e horizontal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde mosense e concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, infomaron hoxe de que o Concello está a acometer traballos de sinalización no Parque Empresarial Mos-Veigadaña.

Dentro deste proxecto estanse a instalar tres tipos de sinais: por un lado dous grandes carteis xerais a modo de directorio de tódalas empresas existentes (cos seus respectivos nomes, parcela e dirección dentro do Parque Empresarial), ubicado á entrada do polígono; por outro, sinais de nomeamento e identificación de todas as rúas do Parque, e por último indicadores direccionais fóra do recinto empresarial –nas súas inmediacións- orientativos da localización do PEMOS-Veigadaña.

Ademais da sinalización vertical consistente na instalación das sinais de chapa anteriormente mencionadas, tal e como explicaban os representantes municipais esta mañá, tamén se procederá á acometida de traballos de sinalización horizontal tales coma o novo pintado, e repintado, de marcas viais nas estradas interiores do Parque Empresarial da Veigadaña.

O orzamento deste proxecto ascende a 15.000 euros e inclúe un total de sete carteis ou sinais en canto a sinalización verical e, en canto a sinalización horizontal: pintado de marca vial reflexiva, un ceda ó paso, dous pasos de peóns, un stop, unha isleta, líneas de detención e un redutor de velocidade tipo badén de caucho.

Sobre os traballos de sinalización no PEMOS-Veigadaña, Arévalo e Soto declararon sentirse “satisfeitos de estar a mellorar as dotacións do principal e máis moderno polígono industrial de Mos para poder ofrecerlle as máis óptimas condicións tanto ás empresas xa asentadas como ás que o fagan nun futuro a curto, medio e longo prazo”. “Detalles coma estes son os que marcan a diferencia e cos que pretendemos que este Parque Empresarial resulte atractivo a novas compañías que decidan trasladarse a Mos e que este Concello poida seguir escalando postos no ranking industrial da provincia de Pontevedra, no que xa ocupamos o cuarto posto”, di a rexedora local mosense.

2 de abril de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.