Mon Barreiro é convocado como adestrador de porteiros pola Selección Nacional de Fútbol sala Feminino

O Seleccionador Nacional de Fútbol sala convocou a Mon Barreiro, segundo adestrador e adestrador de porteiros do Santiago Futsal, como adestrador de porteiras da Selección Nacional de Fútbol sala Feminino que disputará o V Torneo Internacional “9 de Maio – Día da Vitoria” que se disputará na cidade de Moscova (Rusia) durante os días 4 e 10 de Maio.

O técnico santiagués sente un “gran orgullo e un premio poder participar nunha competición a este nivel”. Mon Barreiro aproveitará esta oportunidade coa Selección Nacional Feminina, recoñecendo que “este recoñecemento é mérito de todos os compoñentes do club, de todos os monitores que forman parte do Santiago Futsal, dos que día a día aprendemos”.

28 de abril de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.