A Mesa contra a Violencia de Xénero de Marín acorda achegar as institucións ao alumnado dos centros educativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Dentro dos acordos adoptados pola Mesa contra a  Violencia de Xénero de Marín, decidiuse facilitar un achegamento das institucións ao alumnado dos centros educativos a través de visitas concertadas ás instalacións do Concello, Xulgados, da Comisaría de Policía de Marín, as instalacións da Policía Local, Centro Municipal de Servizos Sociais e Biblioteca Municipal. Como consecuencia do mantemento da actividade levada a cabo no marco da Operación Violeta, e con gran aceptación polo alumnado que realizou visitas concertadas con anterioridade, mantense a actividade neste ano 2014.

Todo elo, dentro dun marco de colaboración integral contra a violencia de xénero e, en aras a materializar políticas de prevención, instadas pola Concellería de Benestar Social, a través do CIM do Concello de Marín e, en directa colaboración e coordinación coa Administración Local, e coas instancias xudiciais, policiais e asistenciais.

Así, tendo en conta a importancia da temática a tratar, de grave relevancia social, e a necesidade de achegar as institucións á xuventude, entendemos de interese para os Centros Educativos a presente iniciativa.

A visita ás dependencias do Concello e a Biblioteca Municipal, están dirixidas ao alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato.

A actividade dirixida as visitas dos Xulgados, da Comisaría de Policía de Marín, as instalacións da Policía Local, Centro Municipal de Servizos Sociais, incluirán a estudantes de 3º Ciclo de Primaria ( 5º e 6º de Primaria) da ESO e Bacharelato.

9 de abril de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.