Mercadona inaugura un novo supermercado en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigrán
A-
A+
Inauguración do supermercado en Nigrán

Inauguración do supermercado en Nigrán

A cadea de supermercados Mercadona abre hoxe un novo establecemento na provincia de Pontevedra, concretamente no municipio de Nigrán, entre as rúas A Gándara e As Pontes. O investimento realizado neste supermercado foi de 3,5 millóns de euros e conta cun persoal de 30 traballadores. Antes de incorporarse ao posto de traballo, todos estes novos empregados seguiron un curso de formación adaptado a cada responsabilidade, que foi impartido pola propia empresa.

O centro conta cunha superficie de sala de vendas de 1.700 metros cadrados, onde se sitúan todas as seccións habituais de Mercadona: carnicería, charcutería, pescadería, perfumaría, alimentación envasada, bebidas, drogaría, forno, froita e verdura. Así mesmo, a tenda dispón de zonas de descanso e vestiarios para os traballadores, así como dunha sala de formación tamén destinada ao persoal.

O horario de apertura do supermercado é de luns a sábado, de 9:00 a 21:30 horas e dispón dun aparcadoiro de 200 prazas para facilitar o acto de compra a todos os clientes que se despracen en vehículo privado. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra on-line a través da páxina web www.mercadona.es.

Por outra banda, cabe destacar o carácter ecoeficiente do supermercado, que incorpora un conxunto de medidas (como recuperadores de calor, iluminación máis eficiente, temporizadores e portas automáticas) que reducen até un 20% o consumo enerxético.

Os clientes de Mercadona que acudan ao novo centro beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía utiliza de forma exclusiva e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente, sen ofertas nin promocións. Isto realízase coa finalidade de manter a aposta de Mercadona por ofrecer aos seus clientes máis calidade por menos prezo, algo que é, en tempos como os actuais, máis importante que nunca para as economías familiares.

Coa posta en marcha deste supermercado, Mercadona mantén a súa aposta decidida por Galicia onde xa conta cun total de 47 tendas, 13 na provincia de Pontevedra, e un persoal de 1.725 persoas, todas elas con contrato indefinido. Así mesmo, a compañía mantén relación comercial con 1.047 pemes desta comunidade e realiza compras a provedores galegos por valor de 1.040 millóns de euros ao ano.

10 de abril de 2014 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.