Membros do Azkar Lugo visitan o centro de educación especial Santa María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita de varios membros do Azkar Lugo ao centro

Visita de varios membros do Azkar Lugo ao centro

O Azkar Lugo FS visitou na mañá deste martes aos membros do Centro de Educación Especial Santa María da capital lucense onde foi recibido con gran expectación por parte do alumnado así como por parte do profesorado. Alí durante dúas horas, o técnico do primeiro equipo, Diego Ríos, e o seu preparador físico, Xabi López, xunto cos xogadores Diego Núñez, Cospe e Óscar Iglesias puideron coñecer e vivir uns agradables momentos xunto a todos os nenos. Ademais tamén acompañou ao grupo o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico. Sen ningunha dúbida unha visita gratificante por ver a cara de felicidade de todo o alumnado.

Primeiramente no salón de actos do centro fíxose unha breve presentación ante todos os asistentes. Os membros do Azkar Lugo comentaron como foron os seus inicios ata chegar á elite, o primeiro equipo, e posteriormente os xóvenes lanzaron as súas preguntas e inquietudes cara aos técnicos e xogadores quenes responderon ás mesmas. Nesta primeira parte, o acto pechouse coa firma de autógrafos e o sorteo de diferentes agasallos. Posteriormente e no polideportivo do centro, todos os nenos e nenas puideron disrutar de varios xogos propostos polo preparador físico e así gozar xunto aos xogadores. O acto finalizaría cunha foto conxunta entre todos os participantes na actividade e co desexo de volver verse en futuras ocasións.

8 de abril de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.