Membros de Feafes presenciaron un adestramento do primeiro equipo do Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Membros da Asociación FEAFES (Federación de Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) visitaron na tarde de onte mércores aos xogadores do primeiro plantel do Azkar Lugo FS na súa sesión de adestramento que se celebrou no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo. Esta asociación e a Fundación Azkar manteñen convenio de colaboración e esta era unha das actividades previstas por ambas entidades.

Nesta actividade, os membros de FEAFES puideron charlar cos membros de todo o primeiro plantel, despois de que os xogadores se presentasen un a un, así como o corpo técnico. Tras a rolda de preguntas cara ao plantel, para coñecer máis sobre a mesma, pasouse a realizar unha foto conxunta como recordo da actividade e posteriormente regresaron a unha das gradas do recinto deportivo para comezar a ver o adestramento do equipo.

24 de abril de 2014 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.