Masivo seguimento da procesión do ‘Santo Enterro’ en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Procesión do Santo Enterro en Cangas

Procesión do Santo Enterro en Cangas

Pasadas ás 19.00 horas saíu da excolexiata de Cangas a comitiva da procesión do ‘Santo Enterro’ que contou coa presenza institucional do alcalde de Cangas acompañado por varios membros da corporación municipal.

Foron centos de persoas as que se achegaron a centro da vila para seguir esta procesión que foi aberta co son das gaitas e dos tambores da Banda ‘Tromentelo’ trala cal desfilaron as imaxes das Piadosas Mulleres que deron paso as imaxes de San Xoan María Magdalena e a Verónica. Despois os asistentes ao acto relixioso puideron contemplar a imaxe de Cristo crucificado e da Piedade co ritmo fúnebre dos Tambores Cofrades , pechando o acto o Cristo xacente e a Dolorosa acompañada polas autoridades locais ao son da Banda de Múscia ‘Belas Artes’.

Este acto forma parte do programa de procesións e de actos relixiosos da Semana Santa canguesa, declarada de Interese Turístico Galego.  

18 de abril de 2014 | 20:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.