Marina Mayoral imparte un taller de introdución á escritura creativa na Biblioteca Municipal de Estudos Locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa da celebración do Taller de introdución á escritura creativa conducido pola escritora e articulista Marina Mayoral. A actividade celebrarase o día 8 de maio, de 17.00 a 21.00 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, en Durán Loriga.

O taller inscríbese dentro do programa Ler conta moito, promovido pola Xunta de Galicia e, nel, Marina Mayoral ensinará os elementos técnicos indispensables para escribir un conto ou unha novela así como a construción de personaxes e a estrutura do texto ficcional.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 8 de abril até completar as prazas que se ofertan. A inscrición poderá realizarse de forma presencial na propia Biblioteca Municipal de Estudos Locais, chamando ao teléfono 981 184 386, ou a través do correo electrónico bestudiosl@coruna.es. O taller é totalmente gratuíto.

6 de abril de 2014 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.