‘Máis que comercio!’ elixe á perfumería Neobel de Vigo como o establecemento favorito do barrio vigués

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Bravo Bosh na entrega do diploma ao establecemento Neobel

Bravo Bosh na entrega do diploma ao establecemento Neobel

Os participantes na iniciativa Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de marzo nos establecementos asociados ao CCA do barrio vigués do Calvario elixiron como o seu comercio favorito a perfumería e parafarmacia Neobel situada na rúa Urzáiz.

Este negocio, que conta con catro establecementos en Vigo, foi o que máis clics recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5 euros de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían ao seu comercio preferido. A participación nesta iniciativa no centro comercial aberto do Calvario foi elevada, chegando a rexistrarse un total de preto de 4.000 xogadas.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que xunto coa delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, foi a encargada de entregar o diploma ao establecemento máis votado, así como os agasallos conseguidos polos clientes, salientou que ademais de poñer en valor o traballo dos centros comerciais abertos, Máis que comercio!, ten por obxectivo resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.

A iniciativa, que percorrerá os centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano, desenvólvese cada mes en CCA diferentes, e neste mes de abril está a celebrarse nos CCA de Tomiño, Santiago Centro, Obelisco da Coruña, e O Grove.

11 de abril de 2014 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.