Máis dun cento de veciños de Caldas de Reis pasan o día en Cangas

Visita do grupo de xubilados de Cangas
Esta mañá un grupo de 108 veciños e veciñas de Caldas de Reis, pertencentes á Asociación de Xubilados de Caldas achegáronse ata Cangas para visitar algúns dos puntos máis emblemáticos do municipio grazas ao plan “Coñece a túa provincia” promovido pola Deputación de Pontevedra. Persoal da concellería de Turismo do Concello de Cangas guiou aos visitantes polo casco histórico da vila explicándolles as partes máis salientables da súa historia.
O percorrido comezou na Capela do Hospital e o exterior da Praza de Abastos. A continuación visitaron o casco vello onde fixeron unha parada na Ex-Colexiata, as casas patín e a Alameda Vella.
Tras o percorrido polas principais rúas de Cangas dirixíronse ata a parroquia do Hío onde visitaron o recoñecido Cruceiro e Cabo Home.











