Máis de trinta locais participan na campaña de Santiago Pasión 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

Os consumidores dos menús especiais de Semana Santa deseñados polos restaurantes participantes no Santiago Pasión de 2014 (relación de establecementos no anexo), entre o 11 e o 21 de abril, poderán entrar no sorteo de máis de 40 experiencias únicas, que procuran ofrecer un valor engadido á Semana Santa en Compostela: 

– 6 experiencias religiosas: Para ver como se cociña a Semana Santa dende dentro dunha confraría, os participantes van poder optar a vivir unha procesión dende dentro, coñecendo os preparativos e mesmo podendo participar nas procesións como un membro máis da confraría.

– 25 experiencias gastronómicas: Vanse sortear lotes de produtos, como tartas de Santiago, produtos de Estrella Galicia, diferentes viños e camisetas das diferentes confrarías de Semana Santa de Santiago.

– 14 experiencias culturais: Entre os participantes vanse sortear tamén visitas á Catedral e á exposición Auga Doce, na Cidade da Cultura de Galicia. 

O sábado 19 de abril ás 12:00 h. vaise realizarán un sorteo especial, entre os veciños, tutistas e visitantes que cubran as fichas proporcionadas polos restaurantes cando consuman os menús temáticos, das experiencias relixiosas, que lles permitiran vivir a Semana Santa dende adentro participando nas dúas procesións do domingo, día 20, pola mañá.

Ao remate das procesión de Semana Santa, os restaurantes participantes tamén van ofrecer uns pinchos aos cofrades para recuperar forzas. E xa polas noches os pubs participantes van ofrecer dous cócteis sen alcohol, para adultos e para nenos. 

11 de abril de 2014 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.